PREMIOS ENERAGEN 2020

INFOGRAFIA-CATEGORIAS-2020-1800x848-1.png

Os Premios Nacionais de Enerxía, que entrega a Asociación de Axencias Españolas de Xestión da Enerxía ENERAGEN da que a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña é membro, abren dende hoxe e ata o 2 de marzo o prazo para a presentación das candidaturas da súa 12ª edición. Estes galardóns véñense entregando de forma ininterrompida dende o ano 2008 e premiaron dende daquela o redor de medio centenar de actuacións que destacaron polo fomento e o  uso das enerxías renovables e a eficiencia enerxética no territorio nacional, autonómico e local.

Os Premios EnerAgen están abertos a  participación de particulares, empresas, asociacións e organizacións, xa sexan públicas ou privadas, que teñan en marcha un proxecto de implementación de actuacións en cada un dos ámbitos de actuación elixibles este ano.

Estes galardóns lograron relevancia e transcendencia nacional, o converterse nun referente no  recoñecemento das axencias e organismos públicos no ámbito da enerxía. Ademais, poñen de manifesto o interese da sociedade, do mundo empresarial e das institucións por lograr un modelo enerxético máis eficiente e sostible, no que l¡as axencias de enerxía teñen un papel fundamental.

Os Premios Nacionais de Enerxía ENERAGEN 2020 contan coa colaboración especial da Axencia Local Xestora da Enerxía das Palmas de Gran Canaria, ALGE, como axencia coordinadora desta edición e co patrocinio, como en edicións anteriores, de Red Eléctrica de España, REE.

 

Tres categorías

Este ano se convocan tres categorías:

 Enerxías Renovables -na que se inclúen nesta edición os proxectos de autoconsumo fotovoltaico-, 

Eficiencia Enerxética e Mobilidade Sostible, e Sensibilización e Difusión. Estas categorías están claramente alineadas cas prioridades e liñas de traballo de EnerAgen e das súas axencias asociadas, que dende fai anos traballan para lograr un sistema enerxético equilibrado, eficiente e sostible, afrontando agora os novos retos derivados da transición enerxética.

https://i0.wp.com/www.faen.es/wp-content/uploads/2020/01/CAT-A-PREMIOS-ENERAGEN-2020.jpg?fit=660%2C660https://i0.wp.com/www.faen.es/wp-content/uploads/2020/01/CAT-B-PREMIOS-ENERAGEN-2020.jpg?fit=660%2C660https://i1.wp.com/www.faen.es/wp-content/uploads/2020/01/CAT-C-PREMIOS-ENERAGEN-2020.jpg?fit=660%2C660

Os criterios


As propostas serán avaliadas por un xurado especializado que estará composto por cinco representantes de recoñecido prestixio pertencentes a sectores da política, da tecnoloxía, do ámbito universitario, periodístico e empresarial, pero intimamente relacionados co ámbito da enerxía. Os criterios que valorarán estes profesionais serán, principalmente, a innovación, o aforro da enerxía, o impacto socioeconómico ou a replicabilidade.

Os galardóns, dotados economicamente con 1.500 € o gañador en cada categoría, coñeceranse o  vindeiro mes de maio, no que se celebrarán no Acto de Entrega dos Premios EnerAgen nas Las Palmas de Gran Canaria.

Toda a información relativa os Premios, así como as bases da convocatoria están dispoñibles en na páxina web de EnerAgen. www.eneragen.org/premios.

Neste enlace tamén poden consultarse todos os proxectos e actuacións premiadas dende a creación destes galardóns.

Páxina Web: www.eneragen.org

 E-mail de contacto: info@faepac.org

Redes sociais:

         Facebook: @faepac 

Artículo escrito por eva. 20-01-2020