Plan Renove de electrodomésticos eficientes e axuda ás instalacións de domótica

Renove_Electrodomesticos.jpg

a) Actuación 1: Plan renove de Electrodomésticos

Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++, no caso das encimeras, é subvencionable a substitución da encimera preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder a subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Electrodomésticos subvencionables

Frigorífico e frigorífico - conxelador con clasificación enerxética A+++

Conxelador con clasificación enerxética A+++

Lavadora A+++

Lavalouza A+++

Encimeras de inducción total

a) Actuación 2: Instalacións domóticas enerxéticas

Son subvencionables as novas instalacións de elementos domóticos enerxéticos citados na seguinte táboa e a adaptación das instalacións existentes para a súa integración efectiva:

Instalacións domóticas subvencionables

Monitorización térmica da vivenda(sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radón e termostatos comunicados cun equipo centralizado)

Monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos, fotocélulas comunicados cun equipo centralizado)

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións subvencionables nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren no listado que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal.

Período de actuacións obxecto da subvención.

A adquisición e instalación dos equipos debe realizarse con posterioridade a entrada en vigor do presente Plan. A data límite para executar o proxecto e presentar a solicitude de pagamento ca documentación xustificativa dos investimentos é de 60 días naturais contados desde o día seguinte á presentación da solicitude coa data límite do 30 de setembro de 2020.

Contía da axuda

Actuación 1: Electrodomésticos subvencionables:

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real Decreto 897/2017, de 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica e sexan beneficiarios do bono social eléctrico (desconto do 25 % para consumidores vulnerables e de 40 % para consumidores vulnerables severos) o que deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses.

2. Actuación 2: Instalacións domóticas enerxéticas

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50 % do prezo da instalación, porcentaxe que se sube ata o 65 % para consumidores vulnerables e ata o 80 % para consumidores vulnerables severos, cun límite de 500 € por proxecto.

Estas subvencións xestionanse a través de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Más información: http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2020/ficha_aforro2020_0004.html?idioma=gl

 

Artículo escrito por golpe. 03-07-2020