Os premios serán entregados durante a "V NOITE DA ENERXÍA" que vai ter lugar na Coruña o próximo 13 Abril
O xurado dos Premios Galicia Enerxía 2017, do ilustre colexio de enxeñeiros insutriais de Galicia, premia a FAEPAC co premio á mellor actuación de sensibilización e difusión en materia enerxética: Campaña de sensibilización en materia de Aforro e eficiencia enerxética nos concellos dá Provincia da Coruña, presentada pola Fundación Axencia Enerxética dá Provincia dá Coruña (FAEPAC). Esta campaña dirixida aos habitantes da provincia está centrada na loita contra a pobreza enerxética, o asesoramento gratuíto ao cidadán sobre a factura eléctrica e a difusión entre a poboación de temas de actualidade como son o bono social ou os hábitos de consumo que contribúan a diminuír o custo da enerxía consumida polas familias.
Este premio vén recoñecer o compromiso que FAEPAC ten coa difusión do coñecemento enerxético, e a loita contra a pobreza enerxética. Este galardón anímanos a de seguir coas actividades que se nos recoñecen, para acadar unha Coruña máis sustentable.
Agradecemos ao ICOIG a concesión do premio, así como a todo o padroado da fundación polo apoio e a confianza que deposita en FAEPAC.