FAEPAC ANALIZA OS CAMBIOS NORMATIVOS NA CONTRATACIÓN DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

CIMG4915.JPG

Onte analizáronse na xornada organizada por FAEPAC e a Diputación da Coruña, as modificacións normativas existentes na contabilidade de eficiencia enerxética.

O evento inaugurado pola alcaldesa de Bergondo, Dª.Alejandra Pérez Máquez tivo lugar durante toda a mañá no Pazo de Mariñán, coa presenza de distintos representantes de diferentes empresas de servizos enerxéticos e técnicos da administración Local e Autonómica.

As presentacións abordaron diferentes temas:

  • As novas filosofías do LCSP na compra estratéxica por Dª Elena Barba Pan, secretaria xeral da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma
  • Oportunidades para contratar servizos enerxéticos a nivel municipal, a cargo de D. Francisco Conesa, Director de Eficiencia Enerxética - ACCIONA
  • As novas regras de Eurostat a computación de investimentos e EPCs, a cargo de D. Francisco Javier Sigüenza, Secretario Xeral de AMI
  • O novo modelo de concesión de servizos, a cargo de D. Antonio de Marcos, director de contratación de FCC
  • A nova norma UNE 216701 de Servizos Enerxéticos, a cargo de D. Juan Manuel García Sánchez, Director do Sector de Enerxía - AENOR
  • Aspectos Sociais e Medioambientais nos contratos de Servizos Enerxéticos, a cargo de D. Luis Jaime Rodríguez Fernández, Xefe de servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña
  • Boas prácticas das administracóns: La Guía de Contratación de los Servicios Energéticos en Garantías de Ahorro del ICAEN, a cargo de Dª Marta Gudiol, Xefa do servizo de Eficiencia Enerxética do Goberno autónomo - ICAEN

A xornada foi pechada nun coloquio / debate entre os oradores e os asistentes ao evento.

GALERÍA DE FOTOS

Artículo escrito por maite. 19-06-2018