Subvencións do IGVS para a mellora de vivendas en materia de enerxía, seguridade e accesibilidade

IGVS.jpg

O Instituto Galego de Vivenda e Chan (IGVS) acaba de publicar en Diario Oficial de Galicia a Resolución de 3 de agosto de 2018, pola que se establecen as bases das subvencións para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas; así como a mellora da seguridade de uso e a accesibilidade.

Esta convocatoria artellase en dúas liñas mestras, por unha banda a eficiencia enerxética da vivenda, na que se subvenciona a mellora enerxética da envolvente, instalación de equipos eficientes de climatización, uso de enerxías renovables, luces LED, etc.

Outra liña subvenciona a mellora da accesibilidade e a seguridade de vivendas e edificios coa instalación de ascensores, ramplas, porteiros automáticos, etc.

A porcentaxe das axudas vai desde un 40% a un 75% do custo elixible, segundo renda dos solicitantes.

O tope da axuda irá desde 24.000€ na liña A, e 17.000€ para a B. Sempre baixo criterios de renda, circunstancias especiais dos solicitantes e superficie das vivendas.

Poden acudir a estas subvencións tanto persoas físicas como empresas de servizos enerxéticos , comunidades de propietarios, agrupacións de propietarios, empresas construtoras e persoas que vivan en réxime de aluguer.

A solicitude ha de ser de forma telemática, e está aberta até o día 21 de setembro

DOG de 21 de Agosto de 2018

Artículo escrito por golpe. 06-09-2018