Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Serán subvencionables as seguintes tecnoloxías: biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica, minieólica e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
Prazo para enviar as solicitudes
Inicio de solicitudes: 26 de febreiro de 2019 a 09: 00h.
Fin de solicitudes: 31 de maio de 2019 ata 23:59 horas
Só se admite a presentación electrónica.
O investimento mínimo é de 5.000 € por proxecto e o máximo é de 100.000 € . Un único solicitante pode solicitar proxectos por un máximo de 300.000 €.
Subvencionase o 35% do custe lexible (sen IVE). No caso de pequena empresa a subvención chega ao 55%, e medianas empresas, subvencionase o 45% .
A convocatoria e os anexos para a presentación de axuda se pode descargar dende o seguinte enlace: Inega Subvencións
Imaxe cortesía de Galivoltaica S.L.