O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) publicará en breve as bases que regulan as axudas a particulares para instalacións de enerxía solar fotovoltaica. O prazo para as solicitudes, aínda que na actualidade non está aprobado, prevese que será do 8/04/2019 ata o 1/07/2019.
A subvencións están dirixidas a particulares que sexan propietarios de vivendas unifamiliares, para comunidades de veciños ou propietarios.
A solicitude e tramitación farase a través de entidades xestoras, que serán empresas instaladoras adheridas á plataforma que o INEGA habilitará para esta convocatoria. A listaxe destas empresas publicarase na páxina web do inega (www.inega.gal/subvencions)
A porcentaxe de subvención será do 50% do custo elegible, e no caso de particulares tamén se poderá subvencionar o IVE. A subvención máxima por proxecto será de 50.000€, cun máximo de 8.000€ por vivenda.
Baterías
Como gran novidade, esta convocatoria contempla a opción de subvencionar a instalación de baterías de acumulación, tipo Ampere Energy, Tesla Powerball, LG Chem, etc.
Máis información: http://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/643461/ document/276739