O sector turístico ten unha ampla marxe de mellora no que respecta á eficiencia enerxética. Por iso, un dos retos específicos da Estratexia de Turismo de Galicia 2020 é a paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade (reto 1) e, en concreto, como recolle o obxectivo estratéxico 1.4, a “sustentabilidade das infraestruturas turísticas”.
Así, tal e como se indica no Plan, é necesario sensibilizar o empresariado turístico galego sobre a importancia de mellorar o sector desde o punto de vista da sustentabilidade, facendo especial fincapé en que a relación calidade/medio natural axuda a optimizar os custos empresariais.
O vindeiro xoves 25 de abril de 2019 celebrarase en Santiago de Compostela, no Aula Seminario do Museo Centro Gaiás, a xornada “Mellora da sustentabilidade nas empresas turísticas galegas”.
Os principais obxectivos desta xornada son:
A sensibilización e demostración de boas prácticas en materia medioambiental
O impulso de medidas de aforro e eficiencia enerxética
A difusión de ferramentas que faciliten a aplicación de melloras
Máis información: http://clusterturismogalicia.com/gl/eventos/jornada-sostenibilidad/